Implicate! 2012



























Ainda que me enterei un chisco tarde xa me contaron que Implicadas decidiron utilizar unha ilustracion minha para o cartel de Implicate! deste ano. A desta outra entrada.


Conste que eu so fixen a ilustracion, o desenho -moi chulo-, non foi da minha conta.
Espero que vos guste tanto coma a min.

Carabranca























Logo de moito tempo sen postear anuncio, por fin (foi unha espera de 4 anos), que publico este libriño, Carabranca. Deixovos a ligazón da páxina onde se pode curiosear de que vai: Carabranca Web

Calquer cousa comentádemo eiquí ou no correo...

1 de 200
























Todo sobre a campaña 1 de 200 aquí!

Lía
























Entre outras cousas, porque esta moza non ten acougo, María Reimondez ven de gañar o Premio Martín Sarmiento na segunda categoría, de 3º a 5º de primaria, polo seu libro Lía e as Zapatillas de Deporte. Libro que por certo presentamos onte no Colexio Escultor Acuña de Vigo, onde unha pícara moi simpática me regalou unha pavera versión de Lía.

Esta foi a primeira proba de cor das que serían as protagonistas desta comprometida novela.

Bullote























Un pouco de cor, que xa levaba isto tempo sen actualizar.
Pequena achega para o proxecto conversando.

LEXICOGRAFÍA























Xa falta pouco...

O Monstro

















Estas mozas van ter que se enfrontar a un Monstro moi particular, por sorte non van a estar soas...

En pouquiño xa, sae o novo libro de María Reimondez, que tiven o prazer de ilustrar. Namentras agardades (agardamos), a telo nas mans recoméndovos a lectura de Pirata, a súa última novela para xente maior, que aínda está quentiña do forno.

Marta























De novo Marta, rematadiña.

Ai























Esta pícara quedou fora (?) da escolma de retratos.
Primeira moza con toque oriental que fago...
 
Creative Commons License
As obras que podes ver nesta páxina pertencen a Iván Sende e están baixo licenza Creative Commons 3.0